Imagen Fondo
Logotipo
Deputación da Coruña Secretaría do Estado de Cultura
Últimas Noticias

Informamos de que La Tribuna. Cadernos de Estudios da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán bota a andar como revista dixital co número 8.

- Este número conta coa colaboración de prestixiosos expertos de fama internacional como o profesor italiano Danilo Manera, a profesora francesa Dolores Thion Soriano-Molla e os recoñecidos catedráticos Xosé Ramón Barreiro Fernández, José Manuel González Herrán e José María Paz Gago, entre outros. Ademais, inclúese un monográfico denominado "Muller e violencia" no que, entre outros interesantes estudos, o "Grupo de investigación La Tribuna" dá a coñecer as circunstancias dun feito case descoñecido ata o de agora: a morte violenta de Joaquina Mosquera Ribera, avoa de Dona Emilia, de mans do seu segundo marido.

 

A partir deste número, La Tribuna . Cadernos de Estudios da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán poderá consultarse integramente na páxina web da Real Academia Galega ,na sección de outras publicacións.


Faite amigo da Casa-Museo

Facebook Blog

© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade diseño web lugo TATATA
Real Academia Galega