A Casa-Museo | A Casa

antigua_edificio

Historia do número 11 da rúa Tabernas


Emilia Pardo Bazán naceu o 16 de setembro de 1851 na vivenda hoxe desaparecida que ocupaba o terreo da casa número 3 da rúa Rego de Auga, rúa onde tamén tivo a súa primeira sede a Real Academia Galega.

Pouco tempo despois, os pais de dona Emilia adquiriron como residencia definitiva na cidade a casa número 11 da rúa Tabernas, por aquel entón o número 5, que era un edificio brasonado do século XVIII.

Neste número 11 da rúa Tabernas, Pardo Bazán pasou a infancia e a mocidade, descubrindo o mundo a través dos libros da biblioteca de seu pai, e, unha vez casada, continuou vivindo na mesma residencia coa súa familia.

O edificio foi o escenario onde se desenvolveron actos familiares, como o nacemento dos seus tres fillos; actos festivos, como a festa homenaxe na honra do poeta Zorrilla (1883), o agasallo ao ilustre político Emilio Castelar (1885) ou a homenaxe ao escritor Unamuno; e actos sociais e literarios, como os faladoiros literarios dos xoves, sen esquecer que foi sede da dirección de La Revista de Galicia e da Sociedad del Folck-lore Gallego.

  

Contido completo do artigo

 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade