A Casa-Museo | O Museo | Historia

 

 

Destacamos as seguintes datas de referencia.

 

4 de maio de 1956. Acta de doazón das dúas herdeiras finais: dona María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán e dona Manuela Esteban Collantes.

 

25 de setembro de 1959. Constitúese o Padroado do Museo Emilia Pardo Bazán.

 

9 de xullo de 1963. Tras o falecemento de dona Manuela Esteban Collantes o día 8 de xullo de 1959, dona María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán emite testamento aberto.

 

4 de setembro de 1964. Relación dos bens da casa da rúa Tabernas.

 

13 de agosto de 1971. Redacción dun novo documento “Piezas para el Museo Emilia Pardo Bazán. Instalado provisionalmente en el Ayuntamiento”.

 

No período comprendido entre 1971 e 1979 son acometidas as reformas do edificio.

 

O 22 de marzo de 1979, ten lugar a cerimonia de inauguración do número 11 da rúa Tabernas, á que asisten as Súas Maxestades os Reis de España.

 

O 16 de maio, de 2003 tivo lugar o acto de reinauguración da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, froito dun rigoroso traballo.

 

A renovación da Casa-Museo implicou un estudo previo a todos os niveis: conceptual, técnico e sociocultural, na procura dun discurso expositivo satisfactorio as expectativas, tanto do mundo académico, como do público xeral. Unha Casa-Museo destinada a todos os públicos, idades e nivel formativo.

 
  • b1_a
  • b2_a
  • b3_a
  • b6_a
  • b7_a
  • b8_a
  • b11_a
  • b12_a
  • b13_a
  • b14_a
  • b15_a
  • b16_a
  • b17_a
  • b18_a
  • b20_a
  • b21_a
  • b22_a
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade