A Casa-Museo | O Museo | Historia

  

 Unha Casa-Museo destinada a todos os públicos, idades e niveis de formación.

 

 Os obxectivos fundamentais da exposición son os seguintes:

 

  Fixar a Casa-Museo como espazo cultural de referencia na cidade.

 

  Difundir a información histórica e actual que defina as facetas de Emilia Pardo Bazán.

 

 Actualizar a figura dunha muller complexa, pioneira e valorosa en toda a súa dimensión.  

 

 As pezas escollidas e a simboloxía destas adecuáronse ás particularidades de cada espazo, así como ás esixencias para a súa mellor conservación, para así presentar a personaxe a través da significación dos obxectos dispostos nas salas que compoñen a Casa-Museo.

 

Atendendo a un criterio espazo-tempo, trátase dunha exposición de carácter permanente con variantes motivadas pola conservación preventiva e pola hipotética incorporación de novas pezas. Na sala III, destinada á exposición da produción literaria, engádese o carácter actual e renovador do discurso sobre a figura de Pardo Bazán.

 

Canto á intencionalidade da mensaxe, a exposición pretende dignificar unha grande escritora nun contexto histórico e social concreto

 

-A Coruña e o Madrid de finais do século XIX- a través dun percorrido por factores definitorios da autora: ideoloxía e posición social, entre outros.

 
  • 00_a
  • 01_a
  • 02_a
  • 03_a
  • 04_a
  • 05_a
  • 06_a
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade