A Casa-Museo | O Museo | Salas

Sala II. O salón


Nunca época na que o papel da muller como salonnière esvaecía, dona Emilia recibía nesta casa, e na casa de Madrid, un bo número de personalidades das esferas política e cultural do momento.

 

Nesta sala tiveron lugar importantes reunións literarias: reunións da dirección da Revista de Galicia e da Sociedad de Folklore Gallego.

 

Celebráronse grandes festas. Cómpre salientar as máis relevantes: a celebrada no ano 1866, na que se agasallou a Salustiano Olózaga; a que tivo lugar en 1880, que contou co poeta Zorrilla como convidado de honra; a de 1885, na que participou a Emilio Castelar; ou aquela de 1903, na que se rendeu homenaxe a Miguel de Unamuno.

 

Recollemos de seguido uns versos do poema dedicado por Antonio de la Iglesia, ilustre rexionalista e asiduo asistente a estas reunións, á nosa escritora, en 1881.

 

Nestas veladas espértanse

Os espíritos que dormían,

Nelas as letras e as cencias

Adequiren outra vida.

E cmunícanse e exteéndense

E d’aquí ledas e listas

Vanse ós libros e periódicos

As readucíos e revistas,

[…]

¿E quen sabe’entro de pouco

O que se pode far Galciia

Co ese calor, ese lume,

Y esa luz así extendida?

[…]

 

No espazo próximo á sala III disponse unha reprodución fotográfica tirada durante o acto de doazón do edificio á Real Academia Galega no ano 1956.

 

Detalles
para descubrir

© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade