A Casa-Museo | O Museo | Salas

Sala IV. O gabinete de traballo

 

Recréase aquí, a través de obxectos orixinais, o lugar de traballo da nosa autora. Nesta sala de emocións privadas penduran das paredes retratos familiares, entre os que destacan os da súa nai, pintados por Sorolla e Vaamonde. Expóñense, ademais, unha serie de cadros e fotografías dos escenarios onde viviu a familia, canda un auténtico álbum de personaxes vinculadas á vida da condesa.

 

As vitrinas gardan, entre outros obxectos, obras literarias que ela mesma consideraba relevantes e que enumerou nos seus “Apuntes autobiográficos”, prólogo á primeira edición de Los pazos de Ulloa. Así mesmo, expóñense outros documentos que foron seleccionados polo seu carácter íntimo para debuxar o perfil da escritora no terreo persoal.

 

Os obxectos orixinais que compoñen esta sala recrean o espazo máis íntimo e privado da autora, coma un niño de libros ateigado de emocións evocadoras do mundo da autora. Nas súas paredes, penduran dous retratos da súa nai, un pintado por Sorolla e outro pintado por Vaamonde; cadros e fotografías de escenarios da súa vida e un álbum de personaxes ilustres vinculadas á vida da condesa.

 

Detalles
para descubrir

© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade