A Casa-Museo | O Museo | Salas

O patio


Neste espazo de reflexión e descanso proponse a lectura sosegada dalgunha das obras escritas por Pardo Bazán, ou sobre a súa figura, que poñemos a disposición do público.

 

Nas obras de dona Emilia as personaxes, os seus costumes e as súas relacións sociais descríbense nun marco concreto; en moitas ocasións, a propia Galicia. O cariño á nosa paisaxe, manifestado pola autora nas súas obras e na realidade nos seus xardíns do Pazo de Meirás, foi trasladado á Casa-Museo a través da pérgola situada no patio central.

 

Convídase ás visitas a gozar dunha lectura tranquila e apracible.

 

Detalles
para descubrir

© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade