acces_IZDA

acces_DCHA

acces_ABAJ

 

 

Por se tratar dun edificio histórico, accédese ao portal mediante un chanzo de pedra. Para salvalo, disponse dunha rampla móbil que dá acceso ao vestíbulo.
Xa no interior, existe unha escaleira con tres chanzos. A Real Academia Galega realizou a obra necesaria para a colocación, á súa beira, dunha rampla homologada.

No vestíbulo encóntrase tamén un ascensor con capacidade para catro persoas. Subindo ao primeiro andar, accédese directamente á Casa-Museo.

Cóntase, en todo momento, con persoas formadas que prestarán axuda a quen a solicite.

 

 

A Casa-Museo propón actividades especiais adaptadas ás demandas de todo tipo de público:

1. Visitas guiadas específicas para persoas con discapacidade intelectual; flexibles segundo as características de cada grupo concreto.

2. Contos de Emilia Pardo Bazán en braille e unidades didácticas adaptables.

3. Experiencia con grupos con necesidades específicas.

 

                                                          

 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade