A Casa-Museo | Servizos | Área didáctica

 

Unidades didácticas

 

Aprendendo a Ver. Visitantes Primaria. Primeiro e Segundo Ciclo

 

Didáctica dirixida aos máis pequenos, para que, ao tempo que xogan e se divirten, poidan asimilar información sobre unha historia e literatura que tamén é deles. Os obxectivos didácticos perseguidos están centrados no uso apropiado da lingua, na adquisición de destrezas para desenvolverse con autonomía en calquera museo, na mellora da utilización dos medios de expresión artística e no coñecemento das características do medio físico, social e cultural. Os nenos deberán atopar pola Casa-Museo pequenos detalles e obxectos clasificados en distintos bloques temáticos (animais, mans, fotografías e imaxes de Emilia Pardo Bazán).

 

Abrindo Fronteiras ás Palabras. Primeiro Ciclo de Secundaria

 

Didáctica dirixida a rapaces que cursan o primeiro ciclo de secundaria. A partir dos contidos da Casa-Museo e de textos seleccionados para tal fin, traballarán os diferentes códigos de comunicación (visual, xestual e sonoro). Farán fincapé nos diferentes tipos de textos, nas diferenzas entre os literarios e os non literarios; analizarán as características que permiten a súa diferenciación e tamén traballarán as características dos xéneros literarios a través da lectura en voz alta de textos poéticos, contos, fragmentos de novela, teatro,... escritos por Emilia Pardo Bazán.

 

Unha Muller na Historia. Segundo Ciclo de Secundaria e Bacharelato 

 

Didáctica dirixida a estudantes de segundo ciclo de primaria, secundaria e bacharelato. Na actividade reflexionarán sobre a situación da muller na súa faceta social -sendo eles os que sexan tratados de xeito “diferente”- e sobre a súa situación no plano cultural. Tamén analizarán correntes literarias: romanticismo, realismo, naturalismo e modernismo.

 

 


 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade