A Casa-Museo | Servizos | Visitas guiadas

As visitas guiadas son gratuítas.

 

O número máximo de participantes son 35 persoas/grupo. Posibilidade de atender a grupos de xeito correlativo.

 

A finalidade da visita é a creación dun espazo de reflexión e debate sobre o mundo das letras, da cultura e da sociedade. O persoal responsable incidirá naqueles aspectos coa profundidade que demanden a idade e as características da visita.

 

A Casa-Museo dispón de dúas modalidades de visita guiada adaptadas ás peculiaridades e ao ritmo do grupo.

 

1. Visita á Casa-Museo cunha duración aproximada de 30-40 minutos. A través do percorrido polas distintas salas, analízase a figura de Emilia Pardo Bazán.

 

2. Visita ao Salón de Actos da Real Academia Galega. Coñecerase a historia da institución, o seu funcionamento, a súa situación actual, as personaxes da intelectualidade galega que estiveron vinculadas á institución, así como feitos históricos relevantes na nosa cultura e visita á Casa-Museo. Duración aproximada de 1 hora e 30 minutos.

Ademais da visita guiada de contidos xerais, poñeremos en práctica para os escolares, tres unidades didácticas adaptadas ao nivel, idade, programa e peculiaridades específicas do alumnado.

  

 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade