Historia arquivística

 

O arquivo da autora coruñesa foi conservado pola súa filla Blanca Quiroga na rúa Goya número 23 en Madrid.

O fondo trasládase á cidade da Coruña un 28 de marzo do ano 1971.

 

Unha comisión académica formada por Francisco Vales Villamarín, Juan Naya e Benito Varela Jácome foi a encargada de examinar o fondo documental da escritora coruñesa.

Benito Varela Jácome presenta no mes de decembro do ano 1972 un informe relativo ao estado dos documentos. Estima a ordenación do fondo arquivístico nos seguintes bloques:

 

I. Orixinais novelescos

II. Orixinais novelescos

III. Poesía e teatro

IV. Conferencias

V. Labor periodística

VI. Crónicas literarias

VII. Críticas sobre literatura española

VIII. Literatura francesa

IX. Literatura francesa.-Literatura rusa, inglesa, italiana ...

X. Feminismo.-Arte.-Isabel II.-Colón e os franciscanos

XI. Orixinais de distintos traballos, aínda sen intercalar

XII. Mazo de receitas de cociña

XIII. Mazo de receitas de cociña

XIV. Papeis do xeneral Cavalcanti

XV. Álbume con recortes de prensa

 

 

No ano 1995 José Manuel González Herrán dirixe a un grupo formado por especialistas –Cristina Patiño Eirín, Ermitas Penas-, bolseiros e alumnado do terceiro ciclo de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela no estudo, revisión e ordenación da documentación relativa a Emilia Pardo Bazán.

No ano 1999 o persoal encargado da xestión do Arquivo Histórico da Real Academia Galega comeza o proceso de organización e catalogación definitiva do fondo arquivístico da autora. Proceso concluído no mes de novembro do ano 2003.

A organización da documentación patrimonial da familia Pardo Bazán foi unha tarefa desenvolvida entre o mes de xaneiro do ano 2005 e o mes de xullo do ano 2008.

 

 

O fondo arquivístico está composto por dúas grandes seccións.

 

- Documentación relativa á familia Pardo Bazán e aos seus membros ao longo de varios séculos. Destaca a documentación relativa as rendas desde o século XV e patrimonio familiar ao longo dos séculos.

 

- Papeis persoais de Emilia Pardo Bazán, do seu marido José Quiroga, dos seus fillos Jaime e Blanca e do seu xenro José Cavalcanti. Destaca tanto en contido como en volume. Está formado por manuscritos autógrafos da produción literaria da autora. Contos, novelas, poesía, teatro, ensaio, colaboración en xornais, conferencias, cartas, documentación persoal, recortes de prensa, artigos e unha colección de receitas de cociña.

 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade