Datas relevantes na vida de Emilia Pardo Bazán

 

1851

- Nace o 16 de setembro na Coruña, na rúa Rego de Auga.

 

1868

-  “Me vestí de largo, me casé y estalló la revolución”.

-  Os dezaseis anos casa con D. José Quiroga y Pérez de Deza do Pazo de Banga no Carballiño, Ourense. O casamento transcorre na Granxa de Meirás.

 

1869-1876

- Traslado da familia a Madrid ao ser elixido o seu pai deputado a Cortes.-

- Pío IX outórgalle o título de conde a José Pardo Bazán y Mosquera.

- Intensa vida social.

- Viaxes por Europa.

- Amizade con Giner de los Ríos. Coñece a filosofía krausista.

 

1876 

-  Primeiro premio polo Estudio Crítico de las obras del Padre Feijóo.

-  A súa curiosidade fomenta a aprendizaxe por si mesma das linguas de Heine e Shakespeare.

-  Nace Jaime.

 

1879

- Amizade con Menéndez Pelayo.

- Comeza a ler aos novelistas españois. Publica a súa primeira novela Pascual López, autobiografía de un estudiante de medicina.

- Nace a súa filla Blanca.

 

1880

-  Revista de Galicia. Vida efémera. 20 números.

 

1881

-  Publica Jaime, libro de poemas dedicado ao seu fillo.

-  Nace a súa filla Carmen.

 

1882-1883

-  Publica La Cuestión Palpitante, divulgación do naturalismo francés.

Publica La Tribuna, novela naturalista. As dúas publicacións provocan unha grande polémica social.

- Separación conxugal.

- Amizade con Galdós

 

1885

- Discurso na xuntanza-homenaxe a Rosalía de Castro no Círculo de Artesanos da

Coruña.

- Amizade con Castelar.

 

1886

-  Nova viaxe a París onde coñece persoalmente aos irmáns Goncourt, a Huysmann e a Zola. Nunha viaxe anterior entrevistouse con Víctor Hugo.

-  Publica Los Pazos de Ulloa.

 

1887

- É nomeada Presidenta do Círculo de Artesanos da Coruña.

 

1888

-  Publica Mi romería, Crónica de Viaxes. Narra a visita a Don Carlos.

 

1891

- Nuevo Teatro Crítico. Revista mensual integramente escrita e financiada pola autora coruñesa. Continuará ata 1893.

 

1892

- Funda, dirixe e prologa La Biblioteca de la Mujer. Período 1892-1913.

 

1896-1897

- Primeira muller profesora do Ateneo de Madrid. Imparte o primeiro curso da cátedra de Literatura Contemporánea. El Saludo de las brujas, novela modernista na que introduce elementos simbolistas e decadentes.

 

1902

- Primeira muller Presidenta de Honra do Centro Gallego de Madrid.

 

1905

- La Quimera, novela inspirada no pintor Joaquín Vaamonde.

 

1906

- Primeira muller Presidenta de Sección de Literatura do Ateneo de Madrid.

- Presidenta de Honra da Real Academia Galega.

 

1907

- Construción das Torres de Meirás.

 

1908

- Afonso XII concédelle o título de condesa de Pardo Bazán.

 

1909

- Recompila nun volume Verdad as súas obras de teatro publicadas. Cuesta Abajo, Juventud, Las raíces, El vestido de boda, El becerro de metal e La suerte.

 

1910

- Primeira muller Consejera de Instrución Pública.

- Casa en Meirás a súa filla Blanca co xeneral José Cavalcanti.

 

1912

- Negativa ao seu ingreso na Real Academia Española, vedado as mulleres.

- Campaña de apoio desde La Voz de Galicia.

 

1913

- Retrato de Sorolla para a Galería de Personaxes Ilustres na Hispanic Society de Nova York.

 

1916

- Primeira muller catedrática. Imparte a materia de Literatura de Linguas Neolatinas na Universidade Central.

- Casa o seu fillo Jaime con Manuela Esteban Collantes. Como agasallo de voda consigue ceder ao seu fillo o título nobiliario conde de Torre de Cela. Pardo Bazán conserva o título de condesa de Pardo Bazán, tras ser ratificado polo Papa.

- Inauguración do monumento á figura da autora na Coruña.

 

1921

- Morre o 12 de maio. Enterrada na Igrexa da Concepción, Madrid.

 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade