Dámoslle a benvida á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

 

A Casa-Museo atópase na casa na que viviu a afamada escritora Emilia Pardo Bazán. A autora caracterízase por ser unha muller de orixe ilustre e cultivadora de diversos xéneros literarios, con presenza activa na sociedade da época.

 

Este edificio sitúase no actual número 11 da rúa Tabernas, na Cidade Vella da Coruña.

 

A través das distintas salas, as visitas poderán coñecer a figura de Pardo Bazán, mergullándose na súa vida e a súa obra, así como no contexto histórico da Coruña e Madrid da segunda metade do século XIX e afondarán nas pegadas visibles hoxe en día da escritora.

 

A casa na que a escritora pasou boa parte da súa vida, acolle a sede da Real Academia Galega por expresa vontade das herdeiras da condesa, en agradecemento á institución que a nomeou presidenta honoraria desde a súa fundación, o 30 de setembro de 1906.

 

Desexamos que entenda esta visita coma un percorrido relaxado e activo. Camiñe, pescude, dubide e busque respostas.

 

Convidámolos a coñecer a casa e a vida de Emilia Pardo Bazán.


 
© 2010 Real Academia Galega. Reservados tódolos dereitos. Condiccións de Uso | Marcas rexistrada | Declaración de privacidade